Canabalt HD</Em> incorpora novos modos de xogo e un personaxe feminino

xoves, 4 de xullo do 2013 Marcus Fernández

Canabalt HD é un popular xogo para Android no cada vez máis habitual xénero dos runners, nos que manexamos un personaxe que ten que correr a toda velocidade superando obstáculos para o que só hai que premer a pantalla do noso dispositivo móbil, conseguindo unha xogabilidade pura, que neste caso vén aderezada por un contorno tridimensional de alta definición que contrasta co estilo minimalista do xogo que presenta un deseño 2D en branco e negro. Este título que corre a uns fluídos 60 cadros por segundo e que pode funcionar tanto nun móbil como nun tablet e mesmo baixo Google TV podería pasarnos desapercibido se non fose pola súa última actualización, que incorpora novos modos de xogo, permite xogar a 2 usuarios á vez na mesma pantalla e inclúe un modelo de personaxe feminino.
Aínda que non é a primeira vez que un xogo permítenos xogar cun protagonista masculino ou feminino, desta volta destaca especialmente porque ao comezar unha nova partida a asignación do sexo do personaxe realízase de xeito aleatorio, no que poderiamos ver como unha curiosa fórmula para avogar pola paridade.
Este xogo véndese en Google Play a un prezo de 2,49 euros.

A actualización de Canabalt HD incorpora multi-xogador e un personaxe feminino

PUBLICIDADE