Canon presenta un obxectivo macro para cámaras sen espello que integra un flash de anel

mércores, 11 de maio do 2016 Marcus Fernández

Para os fotógrafos que buscan obxectivos compactos e lixeiros para disparar instantáneas macro Canon presenta o novo obxectivo EF-M 28mm f/3.5 Macro IS STM, que é o primeiro obxectivo macro de Canon deseñado para as súas cámaras micro catro terzos, que como grande atractivo conta cunha unidade de flash electrónico Macro Lite, ou sexa, un flash de pouca intensidade que permite iluminar os obxectos na proximidade axudando así a captar o momento cunha maior precisión nas cores e con maior calidade. Este flash está composto por dúas unidades curvas colocadas na parte frontal do obxectivo, que poden iluminarse de xeito independente ou ambas á vez, en función da cantidade de luz precisa no momento de disparar a fotografía.
Este obxectivo tamén inclúe Hybrid IS (o estabilizador de imaxe que xa empregaba o obxectivo Canon EF 100 mm f/2.8L Macro IS USM), un motor sueva para reducir o ruído durante a gravación de vídeo, un ángulo de visión semellante a un obxectivo estándar de 45 milímetros (equivalente a 35 milímetros) e unha forma que facilita a captura de imaxes de alta calidade a curta distancia sen proxectar sombras.
Este novo obxectivo macro de Canon está previsto que saia á venda en xuño a un prezo de 299,99 dólares.

Vídeo no que amosan as posibilidades do novo obxectivo macro de Canon

PUBLICIDADE