Canon presenta unha cámara para automatizar as fotografÃas familiares
venres, 29 de outubro do 2021
Canon vén
de presentar unha curiosa cámara, a PowerShot PX, orientada
para o seu uso en familia, para o que adopta un formato semellante ao de moitas
cámaras de vixilancia, e consegue capturar de xeito automático fotografÃas de
calidade de 11,7 MpÃxeles e vÃdeo Full HD a 60p.
A idea desta cámara é sinxela: colocala nun lugar fixo, e que a cámara se
oriente automaticamente a onde está a acción para poder capturar momentos
familiares sen que unha persoa quede fóra por ter que ser a que realiza as fotografÃas
ou grava o vÃdeo.
A Canon PowerShot PX serÃa como ter un fotógrafo familiar, que segue a acción e
encadra ás persoas de xeito intelixente para captar expresións e reaccións
naturais, podendo colocarse en case calquera lugar do fogar para captar
acontecementos diarios, contando con capacidades de ordes por voz cun control
absoluto en mans libres para captar fotografÃas e vÃdeos dinámicos.
A cámara pode cargarse por USB-C (a súa autonomÃa varÃa entre as 2 e 5 horas en
función da frecuencia de disparo que indiquemos) e conta con conectividade
Wi-Fi e Bluetooth, de xeito que o material capturado pode logo verse dende a
súa aplicación móbil, que recomenda as imaxes que merecen conservarse. O
material elixido pode logo gardarse nunha tarxeta de memoria facilitando a súa
transferencia a un ordenador, sendo tamén posible conectar a cámara sen fÃos os
PC con Windows para aproveitala como webcam. A aplicación móbil tamén facilita
o control manual da cámara a distancia.
A PowerShot PX ten un obxectivo equivalente a un 19-57 mm (o que serÃa un zoom óptico
de 3x); pode xirar 340 graos de esquerda a dereita e 110 graos de arriba a
abaixo; a súa tecnoloxÃa de recoñecemento facial facilita a realización de
encadres e incluso pode dar prioridade a certos rostros; ten función de
captación automática de fotografÃas e vÃdeos; e chegará
ao mercado o 18 de novembro en cor branca ou negra a un prezo de 479,99 euros
(incluÃndo adaptador de corrente de 18 watts e unha tarxeta microSD de 16 GB),
que é probablemente o seu principal atranco de cara a unha adopción masiva.
- A PowerShot PX pode captar momentos do noso dÃa a dÃa sen que unha persoa teña que quedar fóra da acción
- A aplicación móbil da cámara permite o seu uso remoto
- Dende o móbil podemos elixir as mellores fotografÃas captadas pola cámara ou deixar que o propio sistema suxira as mellores para a súa conservación
VÃdeo promocional da Canon PowerShot PX