Carcasa reforzada para transportar discos duros
xoves, 9 de decembro do 2010
Os usuarios que durante os seus desprazamentos precisan protexer os seus
datos do po, a choiva, golpes e caÃdas poden mercar discos duros reforzados
para tal fin, pero para moitos resultará moito máis atractiva a posibilidade de
adquirir o LaCie
Tank, unha carcasa que serve para protexer discos duros de 2,5 polgadas,
cámaras dixitais ou mesmo consolas Nintendo DS Lite ou DSi. Este interesante
complemento véndese por 24,99 euros e chegará ás tendas a mediados de mes, contando
con certificación IP-63, o que garante a súa resistencia, para
tranquilidade dos seus usuarios. Mide 41 x 121 x 186 milÃmetros (cun espazo
interior de 26 x 106 x 125 milÃmetros) e pesa 280 gramos, o que son unhas
dimensións e un peso máis que aceptables para protexer os nosos datos e
accesorios de caÃdas catastróficas á vez que continúan a estar o
suficientemente accesibles para o seu uso diario.
- O LaCie Tank pode acoller un disco duro de 2,5 polgadas no seu interior