Carga os teus trebellos pedalando

venres, 9 de maio do 2008 Marcus Fernández

Os trebellos e o exercicio físico poden complementarse dun curioso xeito grazas a un cargador que funciona alimentado por enerxía motriz, ou sexa, que permite a carga de dispositivos electrónicos pedalando.
Este cargador de fabricación chinesa mide 33,7 x 26,7 x 35,5 centímetros, pesa 4,8 quilogramos e se vende no Xapón a 14.800 iens (92,52 euros).
Non parece o xeito máis cómodo de cargar dispositivos mediante USB, pero será un incentivo máis para facer algo de exercicio físico tanto coas pernas como coas mans.

PUBLICIDADE