Cargador USB para o acendedor do coche

martes, 21 de abril do 2009 Marcus Fernández

Para tirar proveito do acendedor do coche, Belkin conta no seu catálogo cun cargador dual que permite alimentar dous portos USB dende tal toma, o que permite cargar moitos trebellos electrónicos incluíndo o iPhone (incompatible con moitos cargadores USB universais). Este cargador USB permite a conexión de dous dispositivos á vez e o seu prezo de venda é de 29,99 dólares.
Como a carga de 2 trebellos por USB simultaneamente non parece ser unha prioridade para os consumidores, o mesmo fabricante vén de incorporar ao seu catálogo un cargador para o acendedor do coche que inclúe unha única toma USB (tamén compatible co iPhone) de xeito que reduce o seu prezo a 14,99 dólares.

O Micro Auto Charger só incorpora un porto USB para a carga de dispositivos electrónicos

PUBLICIDADE