Case, un curioso moedeiro de Bitcoin centrado na seguridade
mércores, 6 de maio do 2015
O feito de que as criptomoedas
non sexan tanxibles pode resultar incómodo para algúns usuarios, e atendendo a
tal situación desenvolveron Case, un dispositivo
co tamaño dunha tarxeta bancaria cunha pantalla cativa, un teclado numérico, un
lector de pegadas dixitais, lector de códigos QR e unha tarxeta SIM global (permitindo
conectividade de balde en máis de 100 paÃses) deseñada para a xestión e uso de
Bitcoin.
A idea deste trebello é que sirva como un moedeiro fÃsico de Bitcoin, que poida
levarse enriba e utilizarse dun xeito doado e seguro, de xeito que permitirÃa o
envÃo e recepción de transaccións de Bitcoin a calquera lugar do mundo, sen ter
que depender dun servizo de terceiros que poida ser vulnerable, e que
resultarÃa especialmente indicado para a realización de intercambios de Bitcoin
cara a cara.
Este produto pode xa reservarse por 199 dólares (186,39 euros cos gastos de
envÃo incluÃdos), prezo que parece ser o principal atranco para a súa
popularización, pero os seus responsables confÃan no trebello pola súa
seguridade, xa que serÃa a solución deste tipo máis fiable á venda, ao ofrecer
distintos factores de identificación: as cadeas de Bitcon codifÃcanse con 3
chaves (unha integrada no propio dispositivo, outra nos servidores do
fabricante que desbloquéase coa pegada dixital, e unha terceira chave para
casos de emerxencia, que almacenarase fóra de liña), sendo preciso 2 para completar
unha transacción. Contará inicialmente cunha produción de 1.000 unidades que
entregaranse aos seus compradores no verán.
Presentación en vÃdeo do dispositivo