Casete Bluetooth para o automóbil

martes, 20 de maio do 2008 Marcus Fernández

Moitos equipos de son de automóbiles inclúen xa conectividade Bluetooth que serve tanto para o mans libres do móbil como para facilitar a reprodución musical dende dispositivos multimedia, pero agora estas funcionalidades tamén se poden engadir a sistemas menos avanzados grazas a un adaptador de Bluetooth con forma de casete.
Este tipo de dispositivos existían no mercado cun cable para conectar á saída de audio dos nosos reprodutores multimedia, pero agora líbranse dos fíos grazas ao Flexii Bluetooth Cassette Adapter, que se vende a través da Rede a 34,99 dólares (22,37 euros) e que conta cunha autonomía de 120 hora en espera e 5 horas en uso, podéndose cargar tanto por USB como a través do acendedor do automóbil.
A casete mide 10 x 5,4 x 1 centímetros e pesa 40 gramos, e destaca máis pola súa orixinalidade que pola súa utilidade.

PUBLICIDADE