Casio dedica a Doraemon unha das súas cámaras dixitais

mércores, 25 de maio do 2011 Marcus Fernández

Os seguidores de Doraemon e o seu peto máxico estarán encantados ao descubrir que Casio vai comezar a vender no Xapón unha versión da cámara EXILIM EX-Z800 de cor azul e decorada coa imaxe do gato do espazo que acompaña a Nobita nas súas aventuras televisivas.
Esta cámara ten un sensor de 14 Mpíxeles, unha pantalla LCD de 2,7 polgadas, un zoom óptico de 4x e a posibilidade de integrar de xeito automático nas súas fotografías ata 9 adhesivos virtuais con Doraemon, os seus amigos e algúns dos seus trebellos (como o gorrocóptero). Completa o paquete unha funda azul cun bordado de Doraemon.
Chegará ás tendas xaponesas a finais do verán a un prezo de 29.800 iens (257,77 euros), sendo posible a súa reserva dende o 8 de xuño.

A cámara permite incorporar nas fotografías adhesivos virtuais

Coa cámara inclúese unha funda de transporte cun bordado de Doraemon

PUBLICIDADE