Casio incorpora recoñecemento musical aos seus peculiares smartwatches
venres, 1 de agosto do 2014
Nun momento no que os smartwatches queren facerse un oco no
mercado, dende Casio fan a súa propia achega, adaptando os seus reloxos de
pulso para dotalos de conectividade cos smartphones, e asà o seu novo reloxo GBA-400
incorpora conectividade Bluetooth, o que permite controlar remotamente a reprodución
musical, o que veñen de reforzar cunha prestación realmente innovadora: a
integración da funcionalidade de recoñecemento musical a través de SoundHound,
de xeito que poderemos ver na pantalla do reloxo o tÃtulo da canción que está a
escoitarse.
Por desgraza, estes reloxos teñen un prezo que poderÃan botar para atrás a
moitos compradores, xa que se achega ao dos smartphones máis avanzados, aÃnda
que coa vantaxe de conservar a súa caracterÃstica aparencia Casio, que goza de
moitos partidarios en todo o mundo. O prezo no Xapón deste reloxo en distintas
cores (negra con pantalla prata, negra con pantalla dourada, azul e vermella) é
de 28.000 iens (166,97 euros).