Catherine estrea versión para PC
xoves, 10 de xaneiro do 2019
Un dos
xogos máis curiosos e inquedantes dos últimos anos, Catherine, estreado para PS3 en 2011 e levado
posteriormente a PS4 e PS Vita, chega finalmente a PC como Catherine
Classic, de xeito que os usuarios de ordenadores persoais poden por fin
botarlle a man a esta grande produción de Atlus nunha versión que permitirá que
gocemos da súa dobraxe orixinal en xaponés, de gráficos en 4K, de velocidade de
fotogramas desbloqueada e de controis configurables, polo que os usuarios con equipos
modernos poderán gozar dunha experiencia superior á que se tivo en consola no seu
dÃa.
Este xogo de quebracabezas ten unha forte compoñente narrativa, convidándonos a
vivir o conflito interno de Vincent, que debátese entre casar coa súa moza
Katherine ou ceder á tentación de Catherine, rapaza que acaba de entrar na súa
vida. Haberá que ir tomando decisións mentres transcorre a historia, á vez que
durante o sono teremos que superar numerosos retos nun curioso quebracabezas a
contrarreloxo para poder espertar con vida.
Catherine Classic conta con 3 modos
de xogo: Golden Playhouse (o modo historia), Babel (que permite enfrontase
directamente aos desafÃos nocturnos en modo individual ou en cooperativo local)
e Colosseum (un modo multixogador local competitivo).
Tráiler de lanzamento da versión para PC de Catherine Classic