ChatGPT presenta o seu buscador web
xoves, 31 de outubro do 2024
OpenAI está a anunciar un dos cambios máis relevantes que está a experimentar o seu célebre ChatGPT, que para os seus usuarios de pagamento vén de activar o seu motor de busca, que nas vindeiras semanas estará dispoñible para todos os usuarios, permitindo que mediante a linguaxe natural poidamos informarnos sobre novas, resultados deportivos, valores de bolsa e moita outra información actualizada, converténdose nunha impresionante alternativa aos buscadores web tradicionais.
A nova función de busca está a activarse tanto na páxina web de ChatGPT como nas súas aplicacións de escritorio e móbiles, e entre as súas vantaxes ten a axilidade para conseguir respostas sen ter que realizar múltiples buscas e ter que peneirar entre distintas fontes en función da súa fiabilidade.
Temos asà que, segundo vaia mellorando o buscador de ChatGPT, máis fiables e axustadas serán as respostas conseguidas, o que pode converterse nunha seria ameaza para servizos como o buscador de Google.
Os resultados que dá ChatGPT inclúen ligazóns a novas e publicacións en blogs que se empregan como fontes para as respostas que dá o novo buscador, ou sexa, que o novo sistema cita as fontes, polo que ante o temor da pouca fiabilidade de ChatGPT será doado contrastar as súas respostas.