Checkin Galicia e Neoprint revolucionan na Rede o concepto das camisetas personalizadas

xoves, 2 de xaneiro do 2020 Fernando Sarasketa

Checkin Galicia, firma tecnolóxica de Ribeira especializada en ecommerce, visualización en buscadores, deseño gráfico e mercadotecnia en liña, presentounos estes días o froito do seu traballo con outra empresa innovadora referente no Barbanza: Neoprint Imprenta, tamén con sede en Ribeira. O traballo de Checkin Galicia consistiu na materialización dunha nova web para Neoprint, o servizo Neográficas, centrado nun “novo concepto de comercio electrónico para o sector das vendas de camisetas ao por maior”.
Entre os moitos puntos fortes desta aposta local polo ecommerce inclúense os factores “rapidez e comodidade”. De feito, permítenos calcular de maneira áxil o orzamento para lotes de material téxtil con variedade de modelos, cores e talles. “Neográficas axuda a aforrar tempo evitando esperas de correos para os nosos presupostos”, sinalan, engadindo que os envíos, dentro da Península, son cen por cen gratis. Ademais, a web está deseñada para facermos os pagamentos con GPay e Apple Pay.
A páxina-servizo Neográficas responde ao compromiso de Neoprint cos produtos dixitais máis avanzados, máis específicos e máis directamente encamiñados á personalización. “Neográficas”, sinalan os seus impulsores, “é un novo concepto na personalización por lotes para o comercio dixital que posúe un bo xerador de presupostos con interface sinxela”. O servizo en liña atópase estes días en fase de desenvolvemento e evolución activa (fase beta), polo que vai ser obxecto da incorporación de novos produtos “de maneira dinámica e selectiva”.

PUBLICIDADE