Chega Back 4 Blood, o sucesor espiritual de Left 4 Dead
mércores, 13 de outubro do 2021
Os seareiros de Left 4 Dead teñen agora un novo xogo considerado
o seu sucesor espiritual, Back 4
Blood, desenvolvido por Turtle Rock Studios, que creara Left 4 Dead
para Valve e desta volta traballou para Warner Bros. Interactive Entertainment produción
versións para PC, PS4, PS5, Xbox One e Xbox Series X|S, sendo especialmente
salientable o feito de que a súa versión estándar está incluÃda dentro do Xbox
Game Pass para consola, PC e nube, o que garante que xogo cooperativo de acción
en primeira persoa bote a andar cunha importante base de usuarios.
Este novo xogo ofrece unha intensa campaña cooperativa para 4 xogadores, modo
multixogador competitivo como humano ou infectado e cunha frenética experiencia
de xogo que manterá ao xogador en medio da acción e permitirá unha rexogabilidade
extrema.
Back 4 Blood desenvólvese despois dunha epidemia catastrófica, que matou
ou infectou a case toda a humanidade, e un grupo de veteranos da apocalipse
chamados Exterminadores xuntaron forzas para loitar pola humanidade e rematar
cos arrepiantes parasitos chamados infectados e recuperar o control do
mundo.
- O xogo conta cun modo historia cooperativo para 4 xogadores recuperando a esencia de Left 4 Dead
Tráiler de lanzamento de Back 4 Blood