Chega a España o Motorola Razr 2022
mércores, 26 de outubro do 2022
No
verán presentouse a nova xeración do smartphone encartable de Motorola, que
chegaba ao mercado chinés a un prezo que partÃa ao cambio dos 865 euros, e
agora que chega a España podemos ver como unha vez máis o prezo resulta
escandaloso, xa que o Motorola Razr 2022
con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento sae á venda por 1.199 euros, polo que
estarÃa máis caro que o se competidor máis directo, o Samsung Galaxy Z Flip4,
que con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento ten un prezo oficial de 1.159
euros, aÃnda que pode atoparse con descontos moi considerables (o modelo de 128
GB pode atoparse incluso por menos de 700 euros) deixando ao dispositivo de
Motorola cun difÃcil encaixe comercial.
O Motorola Razr 2022 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 1, 8 GB
de RAM, 256 GB de memoria UFS 3.1, pantalla principal Full HD+ de 6,7 polgadas
e pantalla externa de 2,7 polgadas, cámara traseira dual cun sensor principal
de 50 MpÃxeles e con estabilización óptica, cámara frontal de 32 MpÃxeles,
altofalantes estéreo, NFC, Bluetooth 5.1, Wi-Fi 6E, soporte para eSIM, resistencia
IP52 e baterÃa de 3.500 mAh con carga rápida de 30 watts. Ou sexa, que estamos
ante un produto moi completo, que como principais limitacións ten as propias do
seu formato (baterÃa de capacidade reducida e pantalla máis fráxil), pero sen
compromisos a nivel de prestacións.