Chega a España o Toshiba Journ.E Touch
mércores, 5 de maio do 2010
A cadea de tendas de telefonÃa móbil The Phone House pon á venda en España o dispositivo Toshiba Journ.E Touch por 239 euros, o que pode parecer un tanto elevado por
un MID con pantalla táctil de 7 polgadas que funciona co sistema operativo
Windows CE 6.0 Pro, con conectividade Wi-Fi e acceso a distintos servizos en
liña coma YouTube, Picasa ou Flickr, asà como a lectura de fluxos RSS e o uso
do MSN Messenger.
O trebello ten 2 Gb de memoria interna (ampliable mediante tarxetas SD), un procesador
ARM11 a 533 MHz, saÃda de vÃdeo, navegador web Opera e unha autonomÃa bastante
irregular, que vai
dende 2 horas de navegación web ata 7 horas de reprodución de música.