Chega a Kickstarter o mesturador de audio máis cativo do mundo
venres, 29 de agosto do 2014
En
Kickstarter está a dar os seus primeiros pasos un curioso dispositivo chamado
OpenMix, que presume de ser o mesturador de audio máis pequeno do mundo, xa
que en só 38 x 51 x 15 milÃmetros encerra 2 entradas de minijack estéreo e 1
saÃda de minijack estéreo xunto a unha rosca que fai de crossfader, de xeito que fai doado que poidamos conectar un par de
fontes de música (que poden ser dende smartphones até vellos Walkman) para
poder pasar dunha a outra sen cortes, como se fósemos un pinchadiscos, pero
cunha dun xeito altamente portátil.
Esta solución ideal para festas, e busca xuntar 65.000 dólares para poder ver a
luz a primeiros do ano que vén. Os primeiros mecenas poderán facerse cun
OpenMix por só 29 dólares (29,69 euros con gastos de envÃo incluÃdos),
recibindo, aparte do propio trebello, unha extensión de cable de audio de preto
de 13 centÃmetros de longo e unha funda de transporte.