Chega a Kickstarter un reprodutor de cintas de música con Bluetooth 5.0
venres, 5 de xullo do 2019
Para os nostálxicos das cintas de música e dos reprodutores
portátiles tipo Walkman que tan populares foron na década dos 80 chega esta
semana a Kickstarter un
proxecto que pretende facer realidade para finais de ano un reprodutor de
casetes chamado IT’S OK e que como peculiaridade ten que serÃa o primeiro
produto deste tipo en incluÃr conectividade Bluetooth 5.0, de xeito que
permitirÃa tanto escoitar cincas con auriculares con cable como a través de
dispositivos sen fÃos.
Estamos ante un produto claramente innecesario, pero que resulta moi rechamante,
de aà que non sorprende que en poucas horas superarase as súas metas de
financiamento, podendo adquirirse unha destas unidades (que fabricaranse en
tres cores distintas) por uns 588 dólares de Hong Kong (uns 67 euros).
IT’S OK non só permite reproducir cintas de música e escoitalas por Bluetooth
ou cable, senón que tamén conta con micrófono para permitir gravar a través dun
micrófono integrado, o que resulta un tanto rechamante, xa que supón que aÃnda
se realizan un uso activo das casetes.
Dado que actualmente calquera persoa leva enriba un smartphone, empregar un
dispositivo adicional para escoitar música a través de Bluetooth semella
completamente redundante, e tendo en conta que aÃnda se vende conversores de
casete a MP3 que custan menos de 20 euros, temos que o IT’S OK é principalmente
un produto para quen desexa chamar a atención por reproducir música dun xeito tan
diferente como absurdo.
- O produto estará dispoñible en tres cores distintas
- Poder escoitar cintas de casete a través de auriculares ou altofalantes con Bluetooth 5.0 é una experiencia orixinal só apta para nostálxicos