Chega ao mercado español o proxector LG CineBeam Q
venres, 15 de marzo do 2024
De cara a CES de Las Vegas dende LG sorprenderon cun proxector de vÃdeo compacto con resolución 4K e un deseño tan elegante como orixinal que respondÃa ao nome de LG CineBeam Qube, e finalmente a compañÃa surcoreana decidiu sacalo á venda, pero simplificando o seu nome e deixándoo simplemente en LG CineBeam Q.
Falamos dun proxector capaz de xerar unha imaxe con resolución 4K de até 120 polgadas cunha relación de contraste 450.000:1, que conta cun sistema de axuste automático para que non resulte complexo configurar correctamente a súa xeometrÃa e o seu enfoque ao colocalo en distintos espazos.
Este proxector no só ofrece unha grande calidade de imaxe, senón que tamén resulta moi práctico ao incorporar webOS, de xeito que se comporta como un Smart TV, podendo asà achegar de xeito autónomo acceso a YouTube, Netflix, Disney+, Prime Video outras plataformas de streaming, asà como tamén pode proxectar contidos achegados a través das tecnoloxÃas AirPlay 2 e Miracast.
O LG CineBeam Q está previsto que chegue ás tendas os vindeiros dÃas, e quen se rexistre na páxina web do fabricante antes do vindeiro domingo poderá recibir un desconto adicional de 200 euros no produto, asà como unha funda de coiro para o proxector.