Chega aos EE.UU. o smartphone de Sharp con pantalla sen marcos

martes, 19 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Non é moi habitual ver que os smartphones de Sharp saen do Xapón, pero agora o atractivo Aquos Crystal vai comezar a venderse nos EE.UU., de xeito que o deseño de teléfono móbil sen apenas marco visible pode ser un grande reclamo para un terminal de gama media que funciona con Android 4.4.2, e que confórmase cunha pantalla de 5 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles, un procesador Qualcomm Snapdragon 400, 1,5 Gb de RAM e audio Harmon/Kardon.
A compañía encargada en vender o Aquos Crystal nos EE.UU. será Sprint, que limitarase polo momento ao modelos con pantalla de 5 polgadas (no Xapón tamén venden o Crystal X con pantalla de 5,5 polgadas), quedando polo momento como incógnita se chegaremos a ver este elegante teléfono en Europa.

O Aquos Crystal chegará esta semana aos EE.UU. presumindo do seu deseño sen marcos

PUBLICIDADE