Chega dende a UVigo un proxecto para impulsar o potencial didáctico dos vídeopodcast
martes, 9 de marzo do 2021
O
Grupo
de investigación Gies-10 da Facultade de Ciencias da Educación e do
Deporte pretende promover o uso do videopodcast
como ferramenta didáctica,
xa que durante a pandemia as videochamadas e videoconferencias
formaron parte da vida diaria de todo o mundo. Así, o profesor Diego
Alonso, sinala que “trátase dun
formato moi coñecido, que todos utilizamos no último ano e
que é factible levar a cabo con poucos recursos”.
O
proxecto atópase actualmente
na fase de formación dos doce docentes e integrantes do grupo
Gies-10. O obxectivo principal é que se desenvolvan os seus propios
contidos en vídeo, para dar continuidade á iniciativa, que xa se
iniciou o pasado cuadrimestre cunha serie de coloquios virtuais con
profesionais formados na facultade, que se impartiron no marco da
materia Actividades
de fitness.
Esta materia optativa buscou achegar ao alumnado ao mundo
laboral, desde a perspectiva e a experiencia de antigos alumnos e
alumnas da titulación, pois Alonso realizou sete videopodcasts nos
que entrevistaba a titulados/as que atopábanse traballando no sector
dos servizos deportivos como directores de instalacións,
coordinadores de salas de fitness,
monitores e recuperadores.
O
videopodcast
utilizarase como recurso educativo e segundo o tipo de contidos, cada
participante poderá realizar unha avaliación, co propósito de
obter un feedback final
do alumnado e do propio profesor.