Chega o iOS 5.1.1 como unha actualización menor

luns, 7 de maio do 2012 Marcus Fernández

Os dispositivos móbiles de Apple (iPhone 3GS/4/4S, iPod Touch, iPad e iPad 2) reciben hoxe unha actualización de software que contén melloras e solucións a problemas varios, no que podería considerarse como unha revisión menor que leva ao iOS á versión 5.1.1. Entre as melloras que incorpora están unha maior fiabilidade da opción HDR coas fotografías realizadas mediante a función rápida da pantalla de bloqueo e unha maior fiabilidade da sincronización da listaxe de lectura e dos favoritos de Safari. No que se refire á corrección de erros, soluciónase o aviso que provocaba o aviso de Imposible comprar despois de realizar unha compra correctamente, os problemas que afectaban á reprodución de vídeo AirPlay en determinadas circunstancias e os problemas que impedían ao novo iPad muda de rede entre 2G e 3G.
A actualización pode aplicarse conectado os dispositivos de Apple a iTunes ou accedendo á sección de Actualización de software nos axustes de iOS.

PUBLICIDADE