Chegan a España o Mi 8 Pro e o Mi 8 Lite de Xiaomi
martes, 13 de novembro do 2018
Xiaomi presentou en setembro un
par de smartphones para o mercado chinés, o Mi 8 Lite e o Mi 8 Pro, que chegan esta semana a España e buscan
atender a un amplo abano de consumidores ao ofrecer unhas grandes prestacións e
un coidado deseño a prezos axustados, de xeito que os compradores poden elixir
entre un e outro dispositivo en función do investimento económico que queiran
realizar. O Mi 8 Lite funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 660 e está
equipado cunha cámara frontal cun sensor Sony IMX576 de 24 MpÃxeles, de xeito
que semella ideal para os que buscan disparar bos selfies, mentres que o Mi 8 Pro supón unha revolución ao prescindir
do lector traseiro de pegada dixital para integralo debaixo da pantalla como
factor distintivo.
O Mi 8 Lite non só ten unha xenerosa
cámara frontal, que facendo uso da tecnoloxÃa Super Pixel consegue fotografÃas
en interiores máis nÃtidas; senón que tamén conta cunha cámara traseira dual cun
sensor principal Sony IMX363 de 12 MpÃxeles apoiado por un sensor Samsung
S5K5E8 de 5 MpÃxeles. A súa pantalla de 6,26 polgadas ten unha resolución de
2.280 x 1.080 pÃxeles, e presenta unha pestana superior bastante discreta. A
súa baterÃa de 3.350 mAh soporta carga rápida por USB-C.
Sae hoxe mesmo á venda a un prezo de 269 euros con 4 GB de RAM e 64 GB de almacenamento, estando tamén dispoñible unha versión con 6 GB de RAM e 128 GB de almacenamento a un prezo de 329 euros.
Pola súa banda o Mi 8 Pro é todo un
alta gama, cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, 8 Gb de memoria LPDDR4X,
128 GB de almacenamento interno (UFS), a súa pantalla AMOLED de 6,21 polgadas
ten unha resolución de 2.248 x 1.080 pÃxeles, conta con cámara traseira dual de
12 MpÃxeles cada unha con aperturas f/1.8 e f/2.4 respectivmaente, a cámara
frontal é de 25 MpÃxeles, a súa baterÃa é de 3.000 mAh con carga rápida por
USB-C e conta con NFC (algo pouco frecuente nos móbiles de Xiaomi). Chega hoxe ao mercado español a un prezo de 599 euros.