Chegan a España os ordenadores portátiles de Xiaomi
mércores, 27 de xuño do 2018
O fabricante chinés Xiaomi leva un par de anos
comercializando ordenadores
portátiles claramente inspirados nos de Apple, a prezos bastante axustados,
pero dende España habÃa poucos usuarios que se animasen a importalos ante unha eiva
moi importante: o seu teclado non estaba adaptado ao español. Pero esta mañá, baixo
o cancelo #XiaomiLoPeta, anunciouse a chegada do Mi Laptop Air con pantalla de
13,3 polgadas a España, asà como tamén adiantouse que estaban a ampliar o
volume de produtos que distribúen no noso territorio, como o Mi Robot Builder,
o Mi Electric Toothbrush ou o Mi Portable Mouse.
Pero o anuncio importante é claramente o da chegada do Mi Laptop Air, un
portátil con carcasa metálica de cor gris escura, cunhas dimensións de 309,6 x
210,9 x 14,8 milÃmetros e 1,3 quilos de peso. Conta cunha pantalla Full HD de
13,3 polgadas cun bisel de só 5,59 milÃmetros, procesador Intel i5-8250U, gráfica
nVIDIA GeForce MX150 con 2 GB de GDDR2, 8 GB de RAM DDR4, 256 GB de SSD PCIEe (cunha
rañura adicional para poder ampliar a capacidade de almacenamento), saÃda HDMI,
2 portos USB 3.0, 1 porto USB-C, toma de auriculares, auriculares AKG, panel
táctil con lector de pegadas dixitais integrado, baterÃa cunha autonomÃa de até
9,5 horas e, como non podÃa ser doutro xeito, teclado retroiluminado con letra
Ñ. Pero o mellor deste equipo de grandes prestacións, que ao comercializarse
oficialmente en España goza de 2 anos de garantÃa, é o seu prezo de 899 euros,
estando xa dispoñible na tenda en
liña oficial de Xiaomi, asà como a
través de PC Componentes.
- AÃnda que non conte cunha distribución de teclas estándar, o teclado do Mi Laptop Air inclúe a tecla Ñ, que era unha das grandes demandas dos consumidores españois para facerse cun destes equipos