CherryPal: no ordenador pequeno e ecolóxico
martes, 24 de xuño do 2008
Os ordenadores
ultraportátiles de baixo custo deixan constancia de que moitos usuarios non
precisan de grandes prestacións para cubrir as súas necesidades informáticas, e
por iso tamén están a emerxer ordenadores de sobremesa de baixo custo coma o
CherryPal, que comezará a venderse o vindeiro 4 de agosto, e que non só terá un
prezo reducido, senón que o seu consumo tamén será mÃnimo: só 2 vatios.
Deste xeito, o CherryPal
serÃa un equipo bastante ecolóxico, que funciona co sistema operativo Linux e
conta cun procesador Freescale a 400 MHz, 256 Mb de RAM, 4 Gb de memoria Flash,
Wi-Fi, 2 portos USB 2.0, porto Fast Ethernet, saÃda VGA, toma para auriculares,
uns 300 gramos de peso e un tamaño de só 14,6 x 10,6 x 3,3 centÃmetros
(comparable ao dun libro de peto).
Este novo equipo lixeiro poderÃa
iniciarse en só 20 segundos, e serÃa suficiente para usos básicos, como acceder
ao correo electrónico ou a páxinas web.