Chinavasion vende uns lentes de vídeo por só 102,4 euros

xoves, 29 de abril do 2010 Marcus Fernández

Dende hai anos existen no mercado numerosos dispositivos coñecidos coma HMD ou head-mounted displays, ou sexa, lentes que integran pequenas pantallas que ao estar moi preto do ollo dan a impresión de estar fronte a unha pantalla xigantes, agora unha tenda en liña populariza este tipo de trebellos ao vender unhas lentes de vídeo por só 102,4 euros, aínda que habería que destacar que as pantallas integradas só teñen unha resolución de 320 x 240 píxeles e un formato de 4:3, polo que non parecen moi axeitadas para a meirande parte dos contidos actuais, aínda que sexan válidos para o consumido persoal de vídeo.
Amais, os lentes integran un reprodutor multimedia con 2 Gb de memoria interna ampliable mediante tarxetas SD de ata 8 Gb, batería cunha autonomía de 4 horas, cámara de 1,3 Mpíxeles, micrófono, toma de auriculares estándar, capacidade de reprodución de vídeo (MPEG, MPEG-2, AVI, RMVB, WMV, VOB, DivX, Xvid e 3GP) e audio (MP3, WAV e FLAC), visualización de imaxes (JPEG) e texto (TXT) e incluso a posibilidade de xogar a títulos de vellas consolas como a NES ou a Game Boy Advance.

As lentes de vídeo permiten dende ver películas ata lembrar a vellos videoxogos

PUBLICIDADE