Chocolates Valor renova as súas comunicacións da man de Vodafone e Nokia

xoves, 20 de febreiro do 2014 Fernando Sarasketa

O Nokia Lumia 720

Chocolates Valor, a xa histórica empresa de Alacante, vén de informar dun importante proceso de renovación no seu seo apoiado en boa medida polos servizos de comunicación móbil de Vodafone España e Nokia. A colaboración entre estas empresas, que non é nova, sobe agora un novo chanzo coa renovación das comunicacións móbiles do fabricante chocolateiro a través dunha intervención ben concreta: o 90% dos seus terminais de empresa pasarán a ser Nokia Lumia 720 e Nokia Lumia 625. “A fortaleza destes terminais, así como a perfecta integración coas solucións SharePoint e Microsoft Exchange son algunhas das principais razóns polas que se decantaron por este cambio”, informan dende as tres compañías implicadas.
Máis en detalle, inclinaron a balanza a prol de Nokia e Vodafone cousas como ter acceso permanente ao correo corporativo fóra da oficina, levar a cabo a xestión de visitas e cobros desde o terminal ou a consulta de pedidos que recentemente migrou á plataforma Windows Phone 8, a través da tecnoloxía HTML5. O obxectivo de Valor é “seguir promovendo desenvolvementos internos para incluír funcións como realizar pedidos directamente desde o móbil no caso dos axentes de vendas, ou ter os cadros de mando nos terminais no caso da dirección”.
Lembrar que o Nokia Lumia 720 é un smartphone de gama media e o primeiro terminal con Windows Phone 8 que comercializou Vodafone España. A súa pantalla táctil funciona mesmo con luvas e a seu cámara, que inclúe óptica exclusiva Carl Zeiss e gran angular de f/1.9, “ofrece ao usuario a posibilidade de obter unhas fotos nidias de día e de noite”, informa Nokia.
Pola súa banda, o Nokia Lumia 625 é, en palabras do fabricante, “o smartphone 4G máis competitivo do mercado polas súas características e prezo alcanzábel”. O acceso a Internet con 4G do terminal e a súa pantalla LCD resistente de 4,7 polgadas garante “unha experiencia multimedia moito máis rápida, sinxela e rica”, engádese. Ademais, inclúe 8 XB de memoria interna e compatibilidade con tarxetas de memoria microSD que amplía o almacenamento até os 64 XB adicionais.
No que atinxe ao papel da operadora, dicir que esta estratexia concreta con Valor forma parte dun programa máis amplo de investimento de Vodafone España na Comunidade Valenciana. Un investimento que durante o pasado exercicio foi de preto de 50 millóns de euros. Ademais, a contribución económica da compañía ao desenvolvemento sustentábel da Comunidade durante o exercicio 2012-2013 foi de 562 millóns de euros. “A nosa cobertura 4G nesta contorna xeográfica”, explica a compañía de telecomunicacións, “facilita a introdución de novos servizos na área empresarial e nas administracións públicas, así como aplicacións empresariais en mobilidade con alto contido multimedia ou outras en áreas que non foron completamente exploradas como a telemática, a sanidade ou os servizos públicos”.

PUBLICIDADE