Chuwi comercializa unha alternativa económica do Surface Book
martes, 25 de abril do 2017
AÃnda
que Microsoft
conseguiu revolucionar o sector dos ordenadores portátiles co seu Surface Book,
a súa limitada distribución (pese a anunciarse no outono de 2015 aÃnda non
chegou comercialmente a España) e o seu elevado prezo (o modelo máis económico
custa 1.499 dólares en EE.UU.) provocou que este equipo non deixase a pegada
que serÃa desexable, e deixou espazo para produtos como a tableta Chuwi Hi13,
que equipada coa súa base-teclado oficial e cun stylus convértese nunha
alternativa ao portátil de Microsoft cun prezo que serÃa aproximadamente a
cuarta parte.
Coa Chuwi Hi13 temos unha tableta cunha pantalla de 13,5 polgadas cunha
resolución de 3.000 x 2.000 pÃxeles que claramente busca clonar o tamaño e as
prestacións do Surface Book, procesador Intel Apollo Lake (N3450-4C4T) de 64
bits e 4 núcleos, gráfica capaz de correr vÃdeo en 4K, 4 GB de RAM, 64 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria), Wi-Fi AC,
Bluetooth 4.0, micro HDMI, cámara de 5 e 2 MpÃxeles, porto USB-C, deseño sen
ventiladores e baterÃa de 10.000 mAh con carga ultra rápida.
A tableta ten un deseño unibody de metal, e podo colocarse sobre unha
base-teclado (que integra un porto USB-A) en ambos sentidos (coa pantalla
mirando cara as teclas ou ao revés) o que permite unha grande versatilidade de
uso, especialmente se sumamos un lapis dixitalizador (HiPen H3) con 1.024
niveis de presión, que transforma este equipo en todo un clon do Surface Book,
aÃnda que con menor potencia e unha autonomÃa lixeiramente inferior.
Este equipo que funciona con Windows 10 pode adquirirse
a prezos moi económicos dende numerosas tendas chinesas como GearBest, onde
está actualmente de oferta a un prezo de 292,10 euros, que de sumarlle o
teclado e o lapis chegarÃa até os 361,05 euros, cantidade que dista moito dos
1.649 euros que custa o
Surface Book máis económico que teñen á venda en Alemaña.
- A tableta Chuwi Hi13 é compatible co lapis dixitalizador HiPen H3 (con 1.024 niveis de presión)
- Este equipo de Chuwi pode funcionar como tableta ou como ordenador portátil dun xeito bastante solvente, á vez que ten un prezo moi inferior que o Surface Book no que claramente se inspira