Chuwi prepara unha alternativa económica á Surface Pro
venres, 21 de abril do 2017
O popular fabricante chines Chuwi, especialmente popular
polas súas tabletas con Android e Windows 10, está a ultimar o lanzamento dunha
campaña de micromecenado en Indiegogo para a comercialización do seu novo
equipo, unha
tableta con peaña e teclado extraÃble claramente inspirada na Surface Pro de
Microsoft, coa que competirá incluso en prestacións, pero buscando un prezo
máis asumible, o que poderÃa ser a chave do seu éxito.
Este novo equipo chamarÃa SurBook e terÃa unha pantalla de 12,3 polgadas cunha
resolución de 2.736 x 1.824 pÃxeles, procesador Intel Apollo Lake N3450
(considerado un dos sucesores dos procesadores Atom, pertencendo este á familia
Celeron e contando con 4 núcleos), 6 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno
(ampliable mediante microSD), Wi-Fi de dobre banda, dous portos USB 3.0, lapis
dixitalizador con 1.024 niveis de presión, baterÃa de 10.000 mAh (que poderÃa
achegar unha autonomÃa de até 8 horas), carcasa de metal e sistema operativo
Windows 10, que aÃnda non terÃa pechado todas as súas especificacións, pero que
semella que será un equipo moi atractivo para os que busquen a versatilidade e
portabilidade dunha tableta e a potencia e as posibilidades dun ordenador
completo, e que tampouco queira realizar un investimento económico elevado.