CityVille terá versión para iOS
xoves, 16 de xuño do 2011
Zynga anunciou que
en breve vai lanzar
para iOS o xogo CityVille Hometown,
que será unha versión reducida do popular CityVille
que teñen en Facebook, e que será o primeiro xogo móbil da compañÃa que chegue
tamén en francés, italiano, alemán e español. O xogo chegará esta semana ás
versións norteamericanas da App Store, para estar dispoñible para o resto do
mundo totalmente de balde nas vindeiras semanas.
CityVille Hometown é un xogo
totalmente novo, que en vez de centrarse en grandes cidades, enfócase a unha
pequena vila, pero conservando detalles sociais como poder convidar a amigos á
nosa veciñanza. Este xogo móbil tamén dará acceso aos amigos de Facebook que
usen CityVille, permitindo establecer
conexións cos amigos sobre a marcha, para construÃr e personalizar as súas
vilas e compartir recursos.
- O xogo facilitará a conexión cos amigos de Facebook que xogan a CityVille
- CityVille Hometown traslada a experiencia do CityVille de Facebook a unha vila pequena