Civilization desembarca en Facebook
venres, 8 de xullo do 2011
En 1991 MicroProse puxo á venda o xogo de estratexia Civilization creado por Sid Meier, que
consistÃa en construÃr un imperio que se mantivese ao longo do tempo, gozando
de grande aceptación por parte do público, o que levou á súa adaptación a
múltiples plataformas e ao inicio dunha franquÃa que se mantivo viva todos
estes anos e que esta semana dá un paso moi importante ao estrear
a versión de proba de Civilization World,
a transformación do popular xogo de estratexia a un tÃtulo cun contorno persistente
integrado Facebook ao máis puro estilo de FarmVille.
AÃnda que os puristas poden aborrecer do xeito de que CIV chegue a Facebook, con este paso achégase a saga a un público que non a
coñecÃa anteriormente e tamén permite que os afeccionados aos xogos de
estratexia teñan unha opción de xogo máis que, pese a ser máis sinxela que os
tÃtulos de caixa, ao publicarse de
balde na web (incorporando micro-transaccións para facer rendible
economicamente o xogo) facilita as partidas curtas ou en distintos equipos,
aproveitando tamén as compoñentes sociais para enganchar aos usuarios.
CivWorld entra asà a competir
con FarmVille e CityVille, pero aproveitando o vir dunha saga recoñecida, polo que
é de agardar que sexa un éxito case instantáneo en Facebook, xa que aparte dos
compoñentes tradicionais dos CIV,
tamén conta coa posibilidade de colaborar con outros xogadores para fortalecer
as nosas civilizacións.
Asà é o novo Civilization World para Facebook