Coloridos ordenadores Dell Inspiron
martes, 31 de marzo do 2009
Os fabricantes de
reprodutores de MP3 e de consolas de videoxogos non son os únicos que tiran de
carcasas de cores para mellorar as súas vendas, e Dell
presentou unha nova gama de ordenadores Inspiron que chegará en 8 cores
distintas: negro piano, branco puro, azul real, vermello fórmula,
laranxa mandarina, verde primavera, púrpura ameixa e rosa promesa.
Os equipos teñen unhas configuracións moi variadas, podendo ter formato
mini-torre ou slim, case todos os procesadores do mercado (Intel Celeron, Core
2 Duo e Core 2 Quad ou AMD Sempron, Athlon X2 e Phenom X4), tarxeta gráfica ATI
Radeon, ata 8 Gb de memoria, ata 750 Gb ou 1 Tb de disco duro (segundo falemos
dunha caixa slim ou mini-torre), opcións de lector multitarxeta e saÃda HMDI, 6
portos USB e distintos tipos de unidades ópticas (incluÃndo Blu-ray).
Definir asà os Dell Inspiron como unha familia de ordenadores parece bastante
xenérico, pois case estariamos a designar un catálogo de equipos completo.