Colorware permite darlle ó iPhone un toque de cor

venres, 20 de xullo do 2007 Marcus Fernández

A empresa Colorware está especializada na fabricación de carcasas para dispositivos electrónicos coma consolas de videoxogos, reprodutores multimedia ou ordenadores portátiles para permitir a súa personalización, de xeito que os usuarios que queiran contar con modelos exclusivos ou cunha estética moi rechamante poden mesmo mercarlles directamente os dispositivos coas carcasas xa incorporadas (para evitar a complicación de desmontar os trebellos persoalmente.
Non sorprende a ninguén que este fabricante que fixo moito negocio vendendo versións en distintas cores dos iPods (antes de que a propia Apple ampliase a súa oferta cromática) veña agora ampliando o abano de cores do iPhone dun xeito moi orixinal e atractivo, pois permite combinar 29 cores (entre sólidas e metálicas) na carcasa do iPhone de xeito que se pode cambiar tanto a parte traseira como a inferior de xeito que hai centos aparencias posibles que fan máis exclusivo un terminal móbil xa exclusivo en si mesmo.

PUBLICIDADE