Comeza a fabricación masiva de memorias para móbiles de 12 GB

xoves, 14 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Samsung Electronics anunciou hoxe o inicio da produción en masa dos módulos de memoria DRAM para móbiles de maior capacidade do mercado, as unidades LPDDR4X de 12 GB pensadas para smartphones de alta gama e ordenadores portátiles ultradelgados (xa que estas unidades teñen un grosor de só 1,1 milímetros).
Dado que dende Samsung tamén teñen unidades de almacenamento eUFS 3.0 de 512 GB de capacidade, xunto con módulos de 12 GB de DRAM teríamos smartphones cunhas capacidades que poderían competir directamente con ordenadores portátiles, e así poder atender ás cada vez maiores resolucións de pantalla ou ao maior número de cámaras que integran os dispositivos móbiles.

PUBLICIDADE