Comeza a venderse o novo Sony Mylo
venres, 25 de xaneiro do 2008
Sony actualiza o
seu comunicador persoal Mylo, conformando unha alternativa de peso ó Nokia N810, pois se
trata dun dispositivo de pequeno tamaño cunha pantalla táctil de 3,5 polgadas
cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, 1 Gb de almacenamento, conectividade
Wi-Fi e un teclado deslizante retroiluminado QWERTY.
O dispositivo de Sony permite o uso de mensaxerÃa instantánea (AIM, Google Talk
ou Yahoo Messenger), de chamadas VoIP a través de Skype e de navegación web
avanzada integrando tecnoloxÃa Adobe Flash Lite 3, o que permite o a
visualización de servizos coma YouTube.
O
novo Sony Mylo tamén soporta o uso de pequenas aplicacións coñecidas coma
Widgets, integra unha cámara de 1,3 MpÃxeles, reproduce audio (MP3, ATRAC, WMA
e AAC) e vÃdeo (MPEG-4). Os ficheiros se poden almacenar na memoria interna de
1 Gb ou en tarxetas Memory Stick Duo ou Memory Stick PRO Duo.
O interesante e elegante dispositivo mide 130,8 x 20,7 x 64,6 milÃmetros,
pesa só 193 gramos
e a súa baterÃa lle aporta unha autonomÃa de ata 6 horas navegando pola Rede, 7
horas reproducindo vÃdeo ou 20 horas reproducindo música. Sae a venda o vindeiro dÃa 28 a 299,99 dólares (204,49 euros), polo que resulta unha opción máis económica que outros produtos semellantes.