Comezan a chegar os tablets para Windows 8 baseados en procesadores Intel Atom

xoves, 16 de agosto do 2012 Marcus Fernández

De cara ao lanzamento de Windows 8, e anticipándose aos tablets con Windows RT, os fabricantes chineses xa están a distribuír dispositivos tipo tablet baseados en procesadores de ultraportátil para funcionar con Windows 8 Pro, aínda que cunhas prestacións bastante limitadas que permitan manter un prezo contido como é o caso do tablet Elite que está a venderse na web por 328,37 euros, que aínda non está pulido para a versión final de Windows 8, pero que pode resultar interesante para moitos usuarios que queren gozar da experiencia táctil de Windows 8 sen ter que realizar un investimento elevado.
O novo tablet funciona cun procesador Intel Atom de dobre núcleo a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM e unha capacidade interna de 32 Gb ampliable mediante tarxetas microSD de ata 128 Gb, que conta cunha pantalla táctil capacitiva de 9,7 polgadas cunha resolución de 1.024 x 768 píxeles, cámara frontal de 1,3 Mpíxeles, USB, HDMI, Wi-Fi N e unha batería de 14.700 mAh (que permitiría unha navegación web de 4 horas ou 6 horas de reprodución de vídeo).


Presentación en vídeo deste curioso tablet capaz de correr Windows 8

Aínda que esteamos ante un produto de pouca potencia, é capaz de correr Windows 8 (e non Windows RT, como os tablets baseados en procesadores ARM)

PUBLICIDADE