Concentrador USB con conectividade Wi-Fi de IOGEAR

venres, 5 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Para facilitar o uso de dispositivos USB como impresoras, webcams ou discos duros externos entre varios equipos informáticos IOGEAR comercializa por 99,95 dólares (70,66 euros) a súa Wireless 4-Port USB Sharing Station, un concentrador de 4 portos USB 2.0 (compatible con USB 1.1) que goza dun porto Fast Ethernet e de Wi-Fi para poder conectalos á nosa rede de área local (ideal para o fogar ou para pequenas oficinas).
Deste xeito, é posible conectar unha impresora, un disco duro externo, altofalantes USB, webcams, unidades de memoria, lectores de tarxetas de memoria ou scanners, aos que poder acceder de xeito remoto dende varios equipos, polo que xa non teremos que ter o ordenador preto dos periféricos para o seu uso, á vez que podemos acceder aos datos dun disco duro dende varios ordenadores ou imprimir dende distintos equipos, o que supón tanto un aforro en equipamentos como de espazo e enerxía.
Actualmente xa hai moitos dispositivos que gozan de conectividade Wi-Fi, pero teñen un prezo superior á dos modelos sen a mesma, polo que no caso de precisar de conectar máis dun periférico a través de redes sen fíos esta solución de IOGEAR sería ideal.

O dispositivo conta con 3 portos USB 2.0 traseiros e 1 porto USB dianteiro

PUBLICIDADE