Concentrador USB de 16 portos

mércores, 9 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os 16 portos USB poderán compartirse entre 2 PC (mediante conmutación)

A popular tenda asiática Brando vén de poñer á venda un impresionante concentrador de portos USB 2.0 de tamaño considerable (116 x 67 x 63 milímetros) e 373 gramos de peso que incorpora 16 portos USB (8 a cada lado) e que se pode conectar a 2 ordenadores á vez (cun conmutador para elixir se os dispositivos conectados operan cun equipo ou outro).
O dispositivo incorpora no seu interior unha fonte de alimentación de 22,5 W (ou sexa, que precisa conectase a corrente) e permite así conectar a un ordenador de xeito simultáneo múltiples dispositivos coma discos duros externos, memorias USB, ventiladores, impresoras, webcams, reprodutores multimedia, etc.

PUBLICIDADE