Conceptronic lanza un disco duro multimedia con soporte de alta definición e conectividade Gigabit Ethernet

mércores, 26 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Conceptronic presentou en España o seu novo disco duro multimedia Grab’n’Go Gigabit FullHD que resulta unha solución moi axeitada para os usuarios que queiran levar contidos audiovisual en alta definición ós seus televisores de alta gama.
O disco duro soporta os formatos de vídeo máis populares (XviD, WMV9, Quicktime, MKV, H.264, MPEG 1/2/4, AVI, SVCD, VCD, IFO e VOB, soporta subtítulos e conta con saídas HDMI (ata 1.080p), de compoñentes e de audio dixital (SPDIF).
Tamén incorpora un porto USB para conectarse a outros discos para a reprodución dos contidos nos mesmos. Pero a alta definición non é a única característica destacable deste disco duro multimedia, senón que tamén conta cun conector de rede que soporta velocidades de ata 1 Gbps, o que mellora a transferencias de ficheiros, especialmente á hora de reproducir contidos de alta definición en sistemas remotos (o que resulta doado de facer grazas a que é compatible con servidores multimedia UpnP AV.

PUBLICIDADE