Condenan a unha páxina web que vende trampas para videoxogos
mércores, 29 de maio do 2024
Un xulgado californiano vén de condenar a EngineOwning, unha páxina web que comercializa trampas para xogos como Call of Duty, Counter-Strike, Battlefield ou Titanfall, a pagar a Activision 14.465.600 dólares por danos e 292.912 dólares en costas xudiciais, asà como a transferir o seu nome de dominio de Internet a Activision tras terse determinado que rachar a seguridade dos videoxogos e comercializar este tipo de trucos supón unha violación da lexislación de copyright estadounidense (DMCA).
En virtude da DMCA o xulgado debÃa impor unha sanción mÃnima de 200 dólares por infracción, e ao terse estimado as descargas dos trucos para xogos de Activision en 72.328, temos os 14,4 millóns de dólares de sanción, que o tribunal considera unha cantidade razoable nas circunstancias do caso.
Cómpre salientar que a páxina web que vende as trampas para os xogos continúa operativa, e son moitas as dúbidas sobre a execución da sentenza do tribunal, xa que operan dende fóra dos EE.UU., e incluso manifestaron que ante a posibilidade de que incautasen o seu dominio, contan con varios dominios alternativos de respaldo, á vez que confirman que os datos dos seus usuarios permanecerán seguros e non se verán expostos a posibles accións legais por parte de Activision.