Confirman que o Sony Ericsson Aino pode acceder aos contidos da PS3

mércores, 2 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Sony anunciou oficialmente as características de reprodución multimedia remota en combinación coa PlayStation 3 do móbil Sony Ericsson Aino, de xeito que na súa pantalla táctil de 3 polgadas poden verse contidos almacenados na PS3 grazas a que a consola de Sony pode conectarse á Internet a través de Wi-fi ao igual que o Aino pode facer o propio a través de 3G.
O sistema de control remoto do Aino non só pode reproducir contidos en remoto, senón que tamén permite acender e apagar a PS3, facilitando así o acceso a vídeos e música almacenados no disco duro da consola de Sony (aínda que non permite o uso remoto de xogos coma rumoreouse nas últimas semanas) e incluso ao servizo Play TV.
O Aino tamén permite acceder a podcasts, Facebook e YouTube, recibe radio FM, grava vídeo a 25 fotogramas por segundo, toma fotografías a 8,1 Mpíxeles (con flash e enfoque automático) e conta cunha tarxeta SD de 8 Gb para gardar contido descargable.

PUBLICIDADE