ConfÃrmase a tecnoloxÃa de pantallas flexibles de Samsung
luns, 9 de abril do 2012
- Unha das pantallas flexibles de Samsung na pasada edición do CES
Unha
das eternas promesas de cara á unha mellora da experiencia de uso de
dispositivos móbiles son as pantallas flexibles, e Samsung parece máis próximo
a facela realidade con Youm, marca que
define a unhas novas pantallas AMOLED que xa están en fase de solicitude de patente
nos EE.UU. e que, en vez de empregar cristal como os paneis OLED estándar, optan
por unha pelÃcula flexible e irrompible.
PoderÃan chegar ao mercado este mesmo ano (podendo
incluso entrar en produción este mesmo trimestre).
As pantallas flexibles de Samsung xa se puideron ver
en vivo na pasada edición do CES, e compañÃas como LG tamén están a
realizar avances neste ámbito, polo que o vindeiro paso a agardar será o dos
produtos que tiren proveito dalgún xeito á flexibilidade e resistencia das
novas pantallas, abrindo unha porta á innovación.