Conmutador HDMI de 4 portos

xoves, 7 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Os últimos televisores de alta definición contan con numerosos portos HDMI para conectar consolas de videoxogos, reprodutores de Blu-ray ou DVD, ordenadores, sintonizadores de televisión e outros dispositivos, pero os vellos modelos e os monitores de ordenador normalmente contan con un único porto deste tipo, polo que IOGEAR comezou a comercializar un conmutador para 4 HDMI controlable con mando a distancia (que funciona a unha distancia de ata 7 metros) de xeito que podemos conectar varias fontes de vídeo de alta definición ao televisor ou monitor podendo alternar entre os distintos dispositivos con só premer un botón.
O conmutador modelo GHDMIS4W6 é compatible con dispositivos DVI mediante o adaptador correspondente, soporta resolucións de PC dende VGA (640 x 480) ata WQXGA (2.560 x 1.536) e permite manter as resolucións de vídeo 480p, 720p, 1.080i e 1.080p. O seu prezo de venda é de 90 dólares (aínda que se pode atopar a menos de 70 dólares en distribuidores alternativos).

PUBLICIDADE