Constrúen un ordenador persoal con forma de rato

mércores, 16 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

A canle de YouTube Electronic Grenade sorprendeu nos últimos días cunha creación realmente sorprendente, á vez que absurda, xa que conseguiron facer un rato informático que é á vez un ordenador completo ao contar no seu interior cunha Raspberry Pi e no seu exterior un pequeno teclado e unha pequena pantalla.
O creador do vídeo colleu compoñentes dun rato, introduciunos nunha carcasa impresa en 3D e engadiulle o resto de elementos propios dun ordenador persoal (mercándose a meirande parte do material nunha tenda en liña chinesa). Ou sexa, que temos un ordenador moi curioso, realmente incómodo de utilizar (tanto polo reducido tamaño do seu teclado como da súa minúscula pantalla OLED de 1,5 polgadas), pero que non por iso non deixa de ser unha creación abraiante.

Vídeo no que presenta o rato ordenador

PUBLICIDADE