Cooking Mama adáptase ao iPhone e iPod Touch

luns, 2 de marzo do 2009 Marcus Fernández

O simulador de cociña de Taito que tanto éxito tivo na Nintendo DS, Cooking Mama, chegou agora para o iPhone de Apple, permitindo que os usuarios aproveiten a interface do seu terminal para cortar verduras e carne ou remexer os ingredientes tocando a pantalla, amasar carne axitando o dispositivo ou inclinar o mesmo para derreter manteiga e espallala pola tixola ou fritir carne e verduras.
Este curioso xogo comeza con 5 receitas que iranse ampliando segundo as vaiamos rematando. Conta con dous modos de xogo: ¡A cociñar!, onde os xogadores preparan comidas con Mama, e Habilidade, onde é posible practicar libremente cunha grande variedade de receitas e técnicas.
Este título xa está á venda na App Store por 5,49 euros, e non é o único xogo que Taito lanzou nos pasados días, senón que tamén resucitou o clásico Space Invaders para o iPhone e iPod Touch, que pódese adquirir por 3,99 euros.

PUBLICIDADE