Copilot chega sen custo adicional a Microsoft 365
xoves, 16 de xaneiro do 2025
O paquete de aplicacións ofimáticas de Microsoft leva meses ofrecendo como opción de pagamento a integración da súa intelixencia artificial, Microsoft Copilot, para axudar a realizar distintas funcións baseadas en IA xenerativa, e aÃnda que este servizo se empregaba principalmente en grandes empresas, agora ábrese ao grande público dun xeito sen igual, xa que comeza a achegar sen custo adicional Microsoft Copilot e Microsoft Designer aos subscritores de Microsoft 365 Persoal e Familia.
O feito de que Copilot estea incluÃdo nos plans de subscrición para consumidores fai moito máis accesible a IA de Microsoft, que agora poderán solicitar a Copilot que axude a escribir borradores de documentos en Word, permite que Copilot analice follas de cálculo de Excel, pode axudar á creación de presentacións de PowerPoint, Outlook pode resumir o contido de longos fÃos de correos electrónico, Copilot pode resumir listaxes de tarefas e Microsoft Designer pode axudar a editar e crear imaxes (por exemplo, borrando elementos de fotografÃas ou xerando imaxes para acompañar a un texto que esteamos a redactar en Word).
Cómpre salientar que o uso da IA de Copilot en Microsoft 365 non é ilimitado, senón que os usuarios recibirán unha asignación mensual de créditos, de xeito que os usuarios que precisen lÃmites maiores deberán subscribirse a Copilot Pro.
VÃdeo no que anuncian que a integración de Copilot en Microsoft 365