Counter-Strike 2 será unha realidade no verán

mércores, 22 de marzo do 2023 Marcus Fernández

Os seareiros dos xogos de Counter-Strike están xa ansiosos porque chegue o verán, xa que Valve vén de anunciar que no período estival poderemos gozar de Counter-Strike 2 de xeito oficial, comezando hoxe a súa proba limitada para unha selección de xogadores de CS:GO, o que permitirá avaliar o subconxunto de características de CS2 para resolver os posibles problemas que poida presentar antes do seu lanzamento mundial.
Counter-Strike 2 será unha actualización de balde de CS:GO, que supón o avance técnico máis importante na historia da franquía, con mapas completamente remodelados, fume interactivo (que incluso reacciona á iluminación), efectivos visuais e son redeseñados e novas ferramentas para os creadores de mapas da comunidade; destacando o feito de que o inventario de CS:GO manterase en CS2, incorporando melloras na súa iluminación e materiais.

Vídeo no que podemos ver algunhas das novidades de Counter-Strike 2

PUBLICIDADE