Crackdown 3 estréase como xogo para PC e Xbox One dispoñible tamén no Xbox Game Pass

venres, 15 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

O xogo Crackdown 3 por fin está aquí, estreándose dun xeito bastante especial, xa que é posible mercalo en tendas físicas, en formato descargable ou incluso xogar ao mesmo contratando o servizo Xbox Game Pass, coa vantaxe adicional de que este título está incluído no programa XBOX Play Anywhere, ou sexa, que quen o adquira en formato dixital pode gozar do mesmo tanto en Xbox One como en ordenadores con Windows 10 (sen custo adicional).
O xogo métenos na pel de super axentes que móvense por un mundo aberto chego de destrución, unha cidade futurista na que empregar habilidades especiais para rematar co crime organizado. Teremos vehículos que evolucionan cos personaxes e un modo cooperativo moi intenso aos que súmase a Zona de Demolición, unha experiencia en liña independente onde a tecnoloxía na nube de Microsoft Azure promete evolucionar até conseguir todo un espectáculo de destrución en liña.

Vídeo promocional da Zona de Demolición de Crackdown 3

PUBLICIDADE