Crossy Road estrea versión para Android
xoves, 8 de xaneiro do 2015
Tras facerse moi popular na súa versión para iOS (superando
os 10 millóns de descargas), chega
hoxe a Android o xogo Crossy Road,
que vén a ser un tÃtulo claramente inspirado no clásico Frogger, co que conserva mecánica de xogo, aÃnda que enriquecida
con elementos propios de videoxogos actuais, como acumular moedas cos nosos
avances, poder adquirir elementos especiais durante o xogo, desbloquear a máis
de 50 personaxes inspirados en arte pop e retro e contar cunha aparencia...
elementos que podemos conseguir dedicándolle o noso tempo ao xogo ou realizando
pagamentos con cartos reais, como é habitual nos xogos free-to-play.
Este xogo é moi sinxelo, xa que consiste en premer sobre a pantalla para que o
noso personaxe (que comeza sendo unha galiña, pero que vai mudando a outros
animais como un cabalo ou un can, evidenciando o noso progreso) vaia avanzando
cara a parte superior da pantalla mentres esquiva o tráfico de estradas, sube
en troncos que flotan sobre a auga ou evita a veloces trens, continuando un
camiño sen fin, de xeito que tanto pode resultar divertido para unha partida
rápida como para quedar enganchado durante horas. Un tÃtulo moi aditivo que continúa
sen dar resposta á incógnita de por que a pita cruzou a estrada.
Trailer de Crossy Road para Android