Crysis terá versión remasterizada no verán
xoves, 16 de abril do 2020
O xogo
de acción en primeira persoa que foi referente a nivel gráfico durante varios
anos prepara o seu retorno, e Crytek anuncia que este verán
teremos Crysis Remastered para PC, Xbox One, PlayStation 4 e Nintendo
Switch, contando con gráficos remasterizados e optimizacións para a o
hardware moderno.
Crysis Remastered centrarse na
campaña para un xogador do xogo orixinal, e mellorará o xogo especialmente a
nivel de detalles gráficos, texturas, efectos de iluminación, efectos de
partÃculas... asà como incorporará néboa volumétrica e incluso ray tracing
baseado en software, conseguindo unha importante renovación gráfica.
Este tÃtulo pretende achegar Crysis a unha nova xeración de xogadores, e
sorprende moi especialmente por contar cunha versión para Switch, coa que
deixan claro que buscan que esta franquÃa sexa coñecida por un público aÃnda
maior, que en poucos meses poderá familiarizarse coa misión de rescate que
haberá que emprender durante unha invasión alienÃxena coa axuda dun Nanotraxe con
propiedades como velocidade, forza, armadura e camuflaxe, que facilita toda
unha serie de tácticas e ataques moi caracterÃticos nun enorme mundo aberto.
VÃdeo de adianto de Crysis Remastered